Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Psicofarmacoloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Ao finalizar o programa da materia realizarase unha proba que constará de preguntas de resposta curta. Coa publicación das cualificacións provisionais fixarase para uns días despois a revisión de exames por parte dos alumnos
Sesión maxistral Introdución polo profesor dos contidos do programa con axuda de materiais multimedia. Resolución ás cuestións expostas polos estudantes
Seminario Seminarios bibliográficos nos que os alumnos exporán ante a clase os traballos tutelados realizados.
Posteriormente realizarase un debate sobre o tema exposto
Traballos tutelados Traballos tutelados sobre un tema proposto polo profesor. Realizaranse para iso tutorías nas que o profesor orientará aos alumnos sobre os puntos a tratar en cada traballo e proporcionaralles material bibliográfico orientativo. Unha copia en papel dos traballos entregarase en man, e outra en formato electrónico (MS Word ou Adobe Acrobat) xunto coa presentación (PowerPoint ou Adobe Acrobat) entregaranse a través do Campus Virtual antes da data fixada. Os traballos estarán a disposición de todos os alumnos no Campus Virtual.
Solución de problemas Clases prácticas nas que se tratará a resolución de problemas sobre distintas cuestións relacionadas co temario da materia
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes