Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2012)
 Asignaturas
  Avaliación neuropsicolóxica da linguaxe nas demencias
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral 10
Lecturas 10
Portafolios do alumno 55
Proba obxectiva 25
 
Observacións avaliación

A avaliación será continua e incluirá unha valoración cuantitativa do rendemento de cada estudante en cada actividade realizada (incluídas as probas de exame que se poidan programar). Estas actividades serán recollidas polos estudantes nun portafolios por materia. Nel os estudantes recollerán todos os esquemas, presentacións, traballos realizados, lecturas, prácticas, cuestionarios contestados, etc. Este portafolios estará dispoñible sempre que o profesorado queira supervisalo e, en todo caso, será entregado ao finalizar as clases presenciais da materia para a súa supervisión e cualificación. Cada profesor avaliará as actividades realizadas, segundo as metodoloxías docentes empregadas, en os créditos que teñen asignados. A cualificación na materia será o resultado da media das cualificacións dos profesores que a impartan. A cualificación de cada profesor será ponderada segundo o número de créditos que imparte. No caso de utilizar probas puntuais de exame (proba obxectiva, preguntas tipo tema, etc.) a súa cualificación considerarase como parte do portafolios da materia, sen que o seu peso poida superar o 50% da nota total asignada ao portafolios. O resto da cualificación virá determinada polos criterios seguintes: Asistencia a clase (por enriba do 80%): 10% Realización de lecturas e traballos tutelados: 30% Nivel de rendemento madureza demostrada en actividades prácticas e tutorías:10%

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes