Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2012)
 Asignaturas
  A análise dos discursos narrativos como método para o estudo da comunicación nas relacións de apego
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral 10
Portafolios do alumno 40
Proba obxectiva 30
Traballos tutelados 20
 
Observacións avaliación

A avaliación será continua e incluirá unha
valoración cuantitativa do rendemento de cada estudante en cada
actividade realizada (incluídas as probas de exame que se poidan programar).
Estas actividades serán recollidas polos estudantes nun portafolios por materia.
Nel os estudantes recollerán todos os esquemas, presentacións, traballos
realizados, lecturas, prácticas, cuestionarios contestados, etc. Este
portafolios estará dispoñible sempre que o profesorado queira
supervisalo e, en todo caso, será entregado ao finalizar as clases
presenciais da materia para a súa supervisión e cualificación. Cada profesor
avaliará as actividades realizadas, segundo as metodoloxías docentes
empregadas, en os créditos que teñen asignados. A cualificación na
materia será o resultado da media das cualificacións dos profesores que
a impartan. A cualificación de cada profesor será ponderada segundo o
número de créditos que imparte. No caso de utilizar probas puntuais de
exame (proba obxectiva, preguntas tipo tema, etc.) a súa cualificación
considerarase como parte do portafolios da materia, sen que o seu peso
poida superar o 50% da nota total asignada ao portafolios. O resto da
cualificación virá determinada polos criterios seguintes: Asistencia
a clase (por enriba do 80%): 10% Realización de lecturas e traballos
tutelados: 30% Nivel de rendemento madureza demostrada en actividades
prácticas e tutorías:10%

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes