Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2012)
 Asignaturas
  Avaliación da lectura en xordos
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral 10
Lecturas 10
Discusión dirixida 10
Portafolios do alumno 40
Proba obxectiva 10
Traballos tutelados 20
 
Observacións avaliación




A avaliación será continua e incluirá unha valoración
cuantitativa do rendemento de cada estudante en cada actividade realizada
(incluídas as probas de exame que se poidan programar). Estas actividades
serán recollidas polos estudantes nun portafolios por materia. Nel os
estudantes recollerán todos os esquemas, presentacións, traballos realizados,
lecturas, prácticas, cuestionarios contestados, etc. Este portafolios estará
dispoñible sempre que o profesorado queira supervisalo e, en todo caso, será
entregado ao finalizar as clases presenciais da materia para a súa
supervisión e cualificación. Cada profesor avaliará as actividades
realizadas, segundo as metodoloxías docentes empregadas, en os créditos que
teñen asignados. A cualificación na materia será o resultado da media das
cualificacións dos profesores que a impartan. A cualificación de cada
profesor será ponderada segundo o número de créditos que imparte. No caso de
utilizar probas puntuais de exame (proba obxectiva, preguntas tipo tema,
etc.) a súa cualificación considerarase como parte do portafolios da materia,
sen que o seu peso poida superar o 50% da nota total asignada ao portafolios.
O resto da cualificación virá determinada polos criterios seguintes:
Asistencia a clase (por enriba do 80%): 10% Realización de lecturas e
traballos tutelados: 30% Nivel de rendemento madureza demostrada en
actividades prácticas e tutorías:10%

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes