Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Formación profesional e mercado laboral
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Tratarase de evidenciar os coñecementos previos do alumnado e a súa disposición cara a materia. Preséntase a materia e as tarefas a desenvolver.
Análise de fontes documentais Presentación de documentos que clarifican a exposición docente e serven de avaliación da integración dos coñecementos por parte do alumnado.
Portafolios do alumno No que se recollerá o traballo do alumnado para a súa avaliación
Proba obxectiva Proba para coñecer o alcance dos coñecementos mínimos da materia e a súa interiorización por parte do alumnado. Plantexaráselle ao alumnado o desenvolvemento dun tema para ver a visión global que ten da materia
Presentación oral Proba para desenvolver a competencia de falar en público e a capacidade de organización e síntese da información.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en pequeno grupo e posta en común para contrastar a información obtida das fontes documentais.
Traballos tutelados Traballo en grupo no que a partir dun suposto práctico se desenvolverá un itinerario formativo e profesional que implicará a análise dun ciclo formativo pertencente a unha familia profesional e nos que se integrará a análise dunha ocupación, o sector no que se desenvolve, a situación da perspectiva de xénero, e as posibilidades de formación ao longo da vida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes