Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
6 Mestrado Universitario de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Contidos complementarios para o ensino das literaturas galega e castelá
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Formando parte do seu traballo autónomo, os estudantes deberán ler os textos proporcionados ao comezo do curso. Estas lecturas serán obxecto de análise tanto nas sesións de obradoiro coma na proba mixta.
Obradoiro Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación dos estudantes será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, mesas redondas, aprendizaxe colaborativa... Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente polas profesoras.
Proba mixta Na última sesión do curso os estudantes deberán realizar unha proba mixta que versará sobre as lecturas realizadas previamente.
Análise de fontes documentais Cada estudante deberá seleccionar un dos textos proporcionados ao comezo do curso para elaborar sobre el unha análise dirixida a través da titorización individualizada.
Presentación oral A actividade de análise de fontes documentais, realizada polos estudantes fóra da aula, deberá ser exposta ante os demais compañeiros na última sesión do curso.
Sesión maxistral A modo de introdución ou visións de conxunto, desenvolveranse as directrices xerais dos contidos que conforman a materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes