Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
6 Mestrado Universitario de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Contidos complementarios para o ensino das literaturas galega e castelá
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Nestas sesións o estudante deberá amosar coa súa participación activa que traballou os materiais previamente proporcionados pola profesora.

20
Proba mixta Aplicaranse os seguintes criterios de avaliación:
- adecuación da resposta á pregunta formulada
- correcta estruturación do discurso
- corrección ortográfica, sintáctica e gramatical

Para superar a materia a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
50
Análise de fontes documentais Na súa avaliación teranse en conta os seguintes criterios:
- capacidade de síntese
- orixinalidade e profundidade da reflexión crítica
- correcta estruturación do discurso
- corrección ortográfica, sintáctica e gramatical
20
Presentación oral Na presentación oral teranse en conta os seguintes aspectos:
- claridade e fluidez expositiva
- emprego de recursos de apoio
- linguaxe non verbal

10
 
Observacións avaliación

1. Aínda que non se reserve unha porcentaxe determinada para as lecturas, a súa realización é imprescindible para superar a materia, xa que sobre elas xiran os contidos teóricos, as sesións interactivas e as demais actividades que computan na avaliación.

2. Para superar a materia é imprescindible o uso correcto da lingua, tanto oral coma escrita: ortografía, puntuación, corrección sintáctica e gramatical.

3. Os/as alumnos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes con matrícula ordinaria. A presentación oral do traballo realizarase nunha sesión de tutoría persoal. A data e hora de realización destas sesións poderán ser concertadas a través do correo electrónico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes