Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
6 Mestrado Universitario de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Bases epistemolóxicas para o ensino das linguas e literaturas galega e castelá
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A xeito de introducións ou visións esquemáticas e sintéticas dirixidas ao conxunto da aula, desenvolveranse unhas sesións nas que o profersor exporá o método expositivo.
Lecturas Formando parte do seu traballo autónomo, o alumno debe ler algúns textos que o profesor lle facilitará, especialmnete para a confección do traballo tutelado, mais tamén para algunhas actividades que se desenvolverán ao longos das distintas sesións.
Aprendizaxe colaborativa Co obxectivo de fomentar o traballo en equipo, os alumnos fomarán pequenos grupos de traballo e realizarán diversas tarefas colectivas.
Discusión dirixida Realizarase sobre algunha das tarefas ou actividades desenvolvidas na aprendizaxe colaborativa e dos materiais empregados para levala a término: estes serán a base da discusión.
Estudo de casos Os alumnos elaborarán, por escrito, comentarios que deben entregar ao profesor coa finalidade de proceder á súa revisión.
Mesa redonda Coa fin de que se familiaricen coa intervención en público e en grupo realizarase unha mesa redonda que teña como tema o fundamento da materia.
Prácticas a través de TIC Coa finalidade de que o alumno se familiarice coas novas tecnoloxías e as poidan empregar no seu traballo de curso, recorrerase ás TIC.
Recensión bilbiográfica O profesor procederá a comentar a bibliografía, á fin de que o alumno poida centarse sobre aqueles libros que considere máis achegados ás súas liñas de interese e poida, á súa vez, abrirse a outras informacións escritas.
Traballos tutelados Durante o curso, o alumno debe elaborar un traballo sobre algún aspecto que verse sobre a epistemoloxía das linguas e das literaturas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes