Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Licenciado en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Métodos e Técnicas da Avaliación de Centros
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Ademais da avaliación continua realizada, a exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta.

A exame centrarase nos contidos traballados en todas as clases (expositivas e interactivas).

O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - errores/nº alternativas - 1.

A puntuación total da exame é de 8 puntos pero é preciso acadar a mitade da puntuación (é dicir, 4 puntos) para poder aprobar a materia. Esta puntuación deberá estar repartida entre a parte teórica e a parte práctica (é dicir, 2 puntos en cada unha como mínimo).
80
Resumo Para a realización do traballo colaborativo, é preciso formar pequenos grupos de traballo. Para realizar esta tarefa, débese ter en conta o seguinte:

- Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas).

- Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso no que se lle solicite, que será rotativa en cada práctica.

- Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado.

- Sobre todo o traballo realizado, entregarase unha reflexión final da materia (individual) que será valorada co 20% da calificación final da materia. Esta reflexión final deberá constar de:

* Valoración persoal con respecto ao funcionamento do seu grupo de traballo: rol desenvolvido no equipo, como se organizou o traballo,...

* Reflexión persoal acerca dos contidos desenvolvidos: que aprendín, que sei facer agora,...

* Valoración da metodoloxía seguida nas clases.

* Reflexión persoal acerca das competencias adquiridas con respecto ás indicadas na Guía Docente.

* Valoración persoal con respecto á práctica profesional: aplicacións prácticas dos contenidos ao mundo da educación social, que aprendín para o meu futuro profesional,...

* Apreciacións personales sobre as titorías realizadas: horarios, puntualidade, trato, principais dúbidas consultadas, principais funcións das titorías (persoal, académica, profesional,...).

* Análise das prácticas realizadas ao longo das clases interactivas.

* Valoración da temporalización dos traballos efectuados.

* Apreciación persoal con respecto aos criterios de avaliación planificados.

* Outros aspectos: calquera outra consideración a maiores do solicitado como suxestións, materiais elaborados a maiores polo alumnado co fin de completar os contidos, referencias bibliográficas ou webs consultadas,...

É dicir, a reflexión final debe ser a valoración final froito do traballo do curso completo e o prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.

A puntuación deste traballo é de 2 puntos pero é preciso acadar a mitade da puntuación (é dicir, 1 punto) para poder aprobar a materia.
20
 
Observacións avaliación








Observacións avaliación


As condicións da avaliación sinaladas, fíxanse para o alumnado asistente a clase. Considérase alumnado asistente a aquel que asiste a un mínimo do 80% das clases; por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha folla tanto á entrada como á saída. O/a estudiante poderá xustificar as súas faltas de asistencia.


O alumnado que non forme parte de ningún grupo, non realice as prácticas correspondentes, a reflexión final ou non asista regularmente ás clases, só terá dereito a presentarse á exame final da materia na convocatoria oficial fixada pola Facultade (será considerado como non asistente ao 80% das clases). A exame puntuará o 100% da puntuación.


Se o alumnado asistente a clase suspende a exame, a puntuación acadada na reflexión final da materia realizada pérdese; é dicir, non se reservará a nota acadada polo alumnado nesta tarefa para as seguintes convocatorias. Na exame que terá que superar na próxima convocatoria será considerado como non asistente ao 80% das clases.


A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamién serán tidos en conta polo profesorado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes