Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da lingua galega
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Resolución de tarefas prácticas a través de diversas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc.), co apoio e supervisión do profesorado. 10
Proba de ensaio Proba consistente en preguntas de certa amplitude, na que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico. 50
Traballos tutelados Traballo en grupo consistente na presentación dunha proposta didáctica 40
Proba oral Proba na que se avalían as habilidades lingüísticas e comunicativas do alumnado en lingua galega 0
 
Observacións avaliación

Estabelécense dúas modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que asistisen como mínimo ao 80% das sesións interactivas: participación activa nas clases (10% da cualificación), un traballo en grupo (50% da cualificación), un exame escrito (50% da cualificación) e un exame oral (ao que non se atribuirá nota númerica, senón as cualificacións "apto" ou "non apto"). Para superar a materia é preciso ter aprobados os dous exames e o traballo tutelado.

2. Para as persoas cuxa asistencia ás sesións interactivas non alcance o 80%: un exame escrito (100% da cualificación) e un exame oral (ao que non se atribuirá nota númerica, senón as cualificacións "apto" ou "non apto"). Para superar a materia é preciso ter aprobados os dous exames.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes