Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da lingua castelán
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Didáctica da lingua galega/652G01015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Didáctica da lingua estranxeira/652G01026
Literatura infantil e a súa didáctica/652G01024

Observacións

Observacións

Malia achárense implícitas no enunciado das competencias da materia, convén poñer por escrito algunhas advertencias ás que debe atender quen queira superala sen atrancos:

  • No estudantado universitario, a corrección e a propiedade na expresión (tanto oral coma, sobre todo, escrita) non son virtudes que merezan eloxio, senón deberes que hai que cumprir. Xa que logo, os erros na grafía das palabras, o desleixo no emprego dos signos de puntuación, a carencia das ferramentas léxicas e gramaticais necesarias para se elevar por riba do estilo conversacional, a incapacidade de artellar textos extensos sen mingua da cohesión e da coherencia, etc., non son simples chatas ante as cales caiba pechar os ollos. Constitúen, pola contra, faltas graves, e deben penalizarse rigorosamente, sen que a maior ou menor «validez» dos «contidos» do texto sexa circunstancia atenuante.
  • Entre as habilidades que un estudante universitario debe adquirir e cultivar, ocupan unha posición destacadísima as de recoller información con bo siso e empregala con honradez:
    • Dicir que o/a estudante debe recoller información bo siso é tanto como dicir que debe recollela crítica e, sobre todo, selectivamente. Entre a morea de fontes de información que ten ao seu dispor grazas a Internet, ten que saber elixir as de augas máis limpas, afastándose dos mananciais avoltos (v. gr., a célebre Wikipedia) e das pozas de augas lamacentas (v. gr., Buenas tareas ou El rincón del vago). Cómprelle tamén, por suposto, ser quen a explorar e utilizar os fondos biblio- e hemerográficos da Biblioteca Universitaria.
    • Dicir que o/a estudante debe empregar información con honradez é tanto como dicir que debe recoñecer de maneira explícita todas as débedas intelectuais que contraia. Quen reproduce palabras alleas está obrigado a indicar onde as atopou e quen as escribiu. A infracción desta norma (con outras palabras: a práctica do plaxio) será obxecto dunha severa penalización: abondará con detectar un so caso de corta-e-pega para que o exercicio en cuestión fique automaticamente suspendido (coa cualificación de cero, qué é a que obtén o/a estudante a quen se descobre copiando nun exame).
  • Os Estatutos da Universidade da Coruña dispoñen que a asistencia ás aulas é, ante todo, un dereito que se lle recoñece ao estudantado (art. 66). O Estatuto do estudantado inclúe entre os seus deberes, porén, o de «cumprir coa actividade académica específica dos estudos en que se matriculen, participando nas clases, teóricas e prácticas, así como en todas as actividades previstas na programación docente de cada unha das materias» (art. 44; cursivas engadidas). Existe, pois, un conflito normativo. Cando este se resolva, caberá tomar decisións no tocante ao peso da asistencia na avaliación e cualificación das materias. Entrementres, semella razoábel absterse de penalizar as faltas de asistencia (agás, por suposto, nos casos en que se traduzan na non realización de actividades de carácter obrigatorio: exercicios escritos, exposicións orais, exames, etc.).

Na primeira sesión do curso forneceranse instrucións para interpretar rectamente os preceptos anteriores, coa fin de que non haxa quen poida chamarse a engano nin alegar descoñecemento.

Aclaración

O idioma vehicular da materia Didáctica da lingua castelá será, por suposto, o castelán. Se esta guía docente se escribe en galego, é consonte as prescricións do Regulamento de usos da lingua galega na Universidade da Coruña, cuxo artigo 2.4 reza:

Os centros e departamentos da Universidade da Coruña, da mesma maneira que as dependencias administrativas e de servizos, terán como lingua de uso o galego. Así mesmo, os documentos que os departamentos e as entidades institucionais elaboren: as memorias, as actas, as comunicacións oficiais para os taboleiros de anuncios, os programas das materias, etc., redactaranse en galego.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes