Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica Código 652G01029
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Bas López, María Begoña
Correo electrónico
begona.bas@udc.es
Profesorado
Bas López, María Begoña
Correo electrónico
begona.bas@udc.es
Web
Descrición xeral A materia fundaméntase nos coñecementos adquiridos en Medio Social e Cultural e a súa Didáctica, ampliándoos e, ao tempo, concretándoos no medio xeográfico e histórico de Galicia.

Está orientada ao traballo práctico, activo e vivencial, de cara a descubrir e comprender o contorno, o medio galego, como un recurso didáctico e como unha fonte versátil de aprendizaxe e de transposición de coñecementos.

Trabállase sobre temas e aspectos concretos da realidade xeográfica e histórica galega axeitados a esta etapa a fin de coñecer, deseñar, experimentar, e aplicar a metodoloxía didáctica que se precisa para o ensino do medio en Infantil.

A metodoloxía a seguir está fundamentada na participación activa do alumnado nas actividades que se realizan e que conforman o núcleo da materia. A mesma dinámica do curso irá definindo os centros de interese do alumnado que irán conformando a materia dende a súa estrutura xeral.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes