Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Bases didácticas da educación especial inclusiva
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) Recolleita dunha proposta educativa, análise, interpretación e adaptación ás caractarísticas dunha escola que camiña cara a inclusión 30
Portafolios do alumno Recollida da información, análise e interpretacación, e posterior enriquecemento coas achegas dos autores. Os criterios de avaliación do documento serán:
-Integración dos contidos abordados e das actividades realizadas na aula
-Reflexión e opinión persoal
-Ampliación de coñecementos empregando as fontes documentais e investigación persoal.
-Aplicabilidade ao teu traballo como docente no ámbito da EI.
40
Proba de resposta breve O alumnado terá que dar resposta breve a unha serie de cuestións que se lle formulan sobre contidos básicos da materia. 30
 
Observacións avaliación

O alumnado asistente será aquel que asiste á aula  o 80%  ou máis da materia da materia. O alumnado non asistente para superar a materia terá que realizar:

1. O Proxecto de investigación sobre un elemento concreto das escolas que camiñan cara a inclusión (50%). O alumnado terá que seleccionar unha experiencia que se realizara ou se estea realizando co fin de analizar as súas características teórico-metodolóxicas nas que se sustenta, que respostas dá a atención da diversidade da aula, etc. Caracterizada a proposta, tratará de facer achegas para facilitar a inclusión educativa do alumnado.

2. Unha proba de preguntas curtas (50%)

Para a superación da materia, cando menos a metade da calificación esixida en cada apartado.

Terá que poñerse en contacto coa profesora (en persoa ou a través do correo electrónico) para a organización da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes