Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da educación ambiental e para a sustentabilidade
   Competencias do título
Código Competencias da titulación
A33 Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A36 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
A38 Coñecer os momentos máis sobresaíntes da historia das ciencias e as técnicas e a súa trascendencia.
A40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B13 Capacidade para actuar de maneira sustentable na defensa do medio ambiente.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes