Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Historia da educación
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exposición oral dos temas que constituen os contidos da materia diante do alumnado. Esta exposición irá precedida dunha presentación na que se propoñen algunhas preguntas aos estudiantes para motivar a reflexión e o diálogo aberto. O Obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizxe. 10
Análise de fontes documentais Baséase na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. 10
Lecturas Establécense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos e documentación relacionadas coa materia que o alumno terá que ler, discutir en grupo e finalmente recensionar de xeito persoal axustándose a un formato coñecido previamente consensuado. 10
Traballos tutelados Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial individualizado. 30
Recensión bilbiográfica Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. 20
Proba obxectiva Recolle apuntes persoais, traballos de investigación, guías de traballo, resúmenes, comentarios... do alumno. 10
Presentación oral Exposicións de traballos realizados, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. 10
 
Observacións avaliación

- Grupo A: asistencia as sesións de clase é imprescindible e será obxecto de avaliación e control. A presencialidade ven determinada por unha asistencia mínima do 85%.

-É obrigatoria a entrega cumprimentada de dúas fichas de identificación persoal antes de que remate o mes de Febreiro do curso actual.

- As porcentaxes de cualificación das distintas metodoloxías empregadas son as seguintes: 20% Sesión maxistral e Análise de Fontes Documentais; 30% Traballos tutelados; 15% Presentación oral; 20% Lecturas; 15% Recensión.

- Gardaranse as partes superadas da materia de unha convocatoria a outra, dentro do mesmo curso académico.

- É obrigatorio pasar pola titoría mentres se estea no proceso de elaboración dos traballos tutelados.

- Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a que houbera lugar en cada caso.


- Para aqueles alumnos/as que como casos excepcionais non poidan asistir ás sesións de clase (alumnos non presenciais), ademais dos traballos que en cada caso particular se especifiquen, establecerase unha proba de ensaio con carácter obrigatorio o final do cuatrimestre na data sinalada oficialmente. Esta proba terá un valor do 50% do total da nota final.



-Os alumnos repetidores da materia obrigatoriamente deberán poñerse en contacto co profesorado que lles indicará, segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de maneira individual. En calquera caso, establecerase unha proba de ensaio con carácter obrigatorio para todos eles o final do cuatrimestre, na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota final. O outro 50%

 corresponderá ós traballos que en cada caso sexan asignados expresamente ao alumno .

Grupo B:


 - O profesor debe ter identificado a cada alumno mediante unha ficha onde vai realizando o seguimento, polo que é necesario que nas primeiras sesións de clase, cada alumno/a entregue a dita ficha con foto e debidamente cumprimentada.


- A puntualidade, a regularidade da asistencia ás sesións de clase así como o interese amosado, a actitude diante da materia e das actividades, e a participación e colaboración serán aspectos obxecto de avaliación. Sendo así, o alumno ou alumna que acumule máis de tres faltas de asistencia deixa de considerarse asistente pasando a ser avaliado seguindo outros criterios.


- Aqueles alumnos ou alumnas que por causas excepcionais non poden asistir regularmente ás clases presenciais, ás interactivas ou a ambas, é necesario que o xustifiquen debidamente para poder ter dereito a unha avaliación axustada ás súas necesidades, evitando agravios co resto do alumnado. 


- O alumnado regularmente asistente será avaliado segundo a proporción que segue: Traballo individual (60%), traballos colectivos (10%), Recensións (10%), aspectos actitudinais (regularidade, puntualidade, interese, participación, colaboración...) (20%). Ter superado o traballo individual é requisito indispensable para aprobar a materia. No caso de non ter presentados os traballos correspondentes na convocatoria de xuño, e figurar como non presentado, para a convocatoria de xullo ditos traballos só puntúan, aumentando a calificación, se o exame está aprobado. En ningún caso o traballo decide o aprobado do alumno ou alumna que teña suspendido o exame desa convocatoria.


-Para poder ser avaliado, cada alumno ou alumna debe ter entregado os traballos (individuais ou colectivos) propostos, en tempo e forma. En caso contrario, considérase NON PRESENTADO. Do mesmo xeito, é conveniente que se utilicen as horas de atención ao alumnado para solventar dificultades relacionadas co desenvolvemento dos traballos individuais ou colectivos, coa marcha da materia, aclarar dúbidas, etc.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes