Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos | Código | 652G02007 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Actividades que se levarán a cabo antes de iniciar o proceso de ensino/aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar. Con elas preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os coñecementos de cada tema e facilitar a súa aprendizaxe. |
Investigación (Proxecto de investigación) | Proceso de ensinanza orientado a facilitar a construción expansiva do coñecemento mediante a realización de actividades-prácticas en grupo para identificar, analizar e estudar algunhas das variabeis intrapersoais da aprendizaxe escolar (variables do alumnado) a partir da observación participativa ou da aplicación de probas |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela do profesor ou profesora na aula. Trátase de actividades de orientación-execución e de demostración-práctica a fin de que o alumnado comprenda significativamente a información e a integre na súa estrutura de coñecementos. Inclúense dentro destes traballos tutelados: análises de fontes documentais, realización de esquemas ou resumos, glosarios, presentacións orais, prácticas a través de TICs ou estudos de casos. Todo isto farase a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Proba mixta | Grupo A. Proba Mixta que integra preguntas tipo de probas de recordo libre e de recoñecemento sobre os contidos teórico-prácticos de cada un dos temas. Grupo B. Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. |
|