Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo | Código | 652G02009 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Proba de ensaio | A proba de ensaio consistirá no desenvolvemento dunha ou varias cuestións interrelacionadas que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. | 50 |
Traballos tutelados | En relación cos traballos tutelados valorarase: A profundidade do contido. O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. A presentación e a claridade da exposición. |
30 |
Estudo de casos | En relación cos estudos de caso valorarase: A comprensión da situación presentada considerando a diversidade e complexidade dos factores que inciden no ámbito educativo. A profundidade de análise atendendo ao marco teórico traballado na materia. O valor de síntese e da adecuación das propostas de acción e intervención como resposta á situación presentada. |
20 |
Observacións avaliación | ||
A avaliación contempla duas opcións: alumnado asistente (opción A) e alumnado non asistente (opción B)
------------------------------------------------------------------------------ Opción A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (85% de asistencia presencial): a) Elaboración dun cartafol cos traballos de cada grupo no que se recollerán as prácticas que se desenvolvan na aula así como aquelas actividades relacionadas coa lectura e análise de materiais diversos presentados en clase (20%). b) Traballo dunha obra individual (30%) b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (50%). Para ter apto na materia é imprescindible ter aprobadas as tres probas a avaliar ------------------------------------------------------------------------------- Opción B. Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase ( 85% de faltas de asistencia): a)Exame escrito sobre os contidos da materia (65%). b) traballo individual sobre unha obra de referencia curricular marcada pola profesora (35%) Para ter apto na materia é imprescindible ter aprobadas as duas probas a avaliar |
|