Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Traballo de fin de Grao
   Contidos
Temas Subtemas
Procedemento para a elección de temas: 1. Ata o 30 de setembro: proposta por parte dos Departamentos dos temas ou as liñas dos TFG e os directores. 2. Ata o 30 de outubro: a comisión de titulación aprobará e fará pública unha listaxe cos temas, así como co número de estudantes que poden escoller cada tema e os critérios de asignación. 3. Os períodos de solicitude de temas por parte do estudantado, por orde de preferência dun número mínimo de tres temas ou liñas son: - Antes do 30 de novembro (para alumnado matriculado no período ordinário de matrícula). - Antes do 30 de marzo (para alumnado matriculado no período de ampliación de matrícula). - Antes do 15 de outubro (para alumnado que só teña pendente o TFG e queira examinarse nas oportunidades de xaneiro e/ou xuño). 4. Listaxe provisória. 5. Período de reclamación. 6. Listaxe definitiva. O alumnado terá que seleccionar. cando menos, tres temáticas por orden de preferencia mediante o impreso dispoñible a tal efecto, dentro dos prazos que se notificarán en tempo.

No caso de haber máis solicitudes que prazas o criterio de asignación será o expediente académico dos tres primeiros cursos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes