Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Psicoloxía do desenvolvemento
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Portafolios do alumno Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introductorio que conterá os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ó longo do semestre. Inclúe todo o traballo realizado : notas de clases, tarefas desenvolvidas, resumos, dificultades atopadas , comentarios etc. 30
Proba mixta Proba escrita (preguntas de resposta breve e tipo test) utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións prantexadas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. 70
 
Observacións avaliación

Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA AULA (> 85%):
O sumatorio das cualificacións obtidas na proba mixta (máx. 7 puntos) e no portafolio (máx. 3 puntos) constitúe a cualificación final da materia.

A cualificación final será a media entre a cualificación dos coñecementos teóricos (exame) e prácticos (portafolio). Esta media só se realizará cando  se obteña un mínimo de 3,5 e de 1,5 puntos respectivamente.

Opción B. ALUMNADO QUE NON ASISTE NA AULA (< 85%)
A avaliación farase en función da cualificación obtida na proba mixta. Este alumnado non poderá presentar o portafolio, dado que as actividades que nel se inclúen desenvolveranse fundamentalmente nas clases interactivas. Polo tanto, a máxima cualificación á que optan é dun 7. Esto é, deberán obter un mínimo de 5 puntos (sobre 7) para superar a asignatura.

Opción C. ALUMNADO DE OUTRAS CONVOCATORIAS
Se aplicará a opción A ou B segundo sexa o caso. 

NOTAS.
1. No caso de terse aprobada só unha das partes (teoría ou práctica), esta manterase aprobada soamente na convocatoria de xullo.
2. A cualificación de NP darase a aquel alumnado que non participa de ningunha das metodoloxías de avaliación descritas

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes