Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Orientación ocupacional
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental céntranse na utilización dos recursos bibliográficos e webgráficos necesarios para a realización dos estudos de caso e da actividade de simulación.
Estudo de casos As actividades de estudos de caso consisten na elaboración dun itinerario de formación e no deseño dunha proposta de intervención que integre a perspectiva de xénero.
Estas dúas actividades son grupais (catro persoas) e inscríbense nas características da aprendizaxe colaborativa.
Presentación oral Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación e dos estudos de caso.
Proba mixta Está orientada á avaliación das aprendizaxes relacionadas co saber e saber facer. Consta de cinco preguntas, catro sobre os contidos teóricos e unha sobre a actividade de simulación.
Simulación Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento da profesora. Realizarase en grupo (mínimo de catro e máximo de seis persoas).
Sesión maxistral O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos de cada un dos temas do programa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes