Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables
   Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e diferenciar entre conceptos afíns á exclusión social: pobreza, marxinación, desigualdade, vulnerabilidade, desadaptación... A2
A3
Identificar e analizar as relacións entre os sistemas político, económico, educativo e social, e os procesos de vulnerabilidade e exclusión social, nun marco de globalización neoliberal e crise do Estado de Benestar A3
A5
A20
Coñecer a analizar de forma crítica as causas, os significados, as manifestacións e os efectos da desigualdade A1
A2
A5
A8
A20
Discernir os compoñentes clave e fases polas que transcorre o proceso de exclusión social A1
A2
A8
Identificar e estudar as potencialidades, necesidades e factores de risco, así como as formas de intervención, desde unha perspectiva integral e complexa A2
A5
A8
A14
Deseñar, desenvolver e avaliar programas e proxectos de acción socioeducativa para a prevención e inclusión social, avaliando o ámbito sobre o que se actúa, priorizando necesidades ás que se pretende dar resposta, especificando os recursos e a proposta de avaliación, así como as bases teórico-metodolóxicas sobre as que se sustenta A2
A9
A21
Promover estratexias e accións de inclusión social desde o acompañamento socioeducativo, favorecedoras do empoderamento e a participación das persoas como suxeitos protagonistas do cambio A2
A7
A9
A21
Coñecer e aplicar dinámicas e técnicas que permitan problematizar e transformar a realidade desde a perspectiva das persoas protagonistas (teatro do oprimido) A2
A7
A21
Determinar e fundamentar as características, os factores influíntes, as posibilidades e limitacións da acción socioeducativa en contextos específicos de vulnerabilidade e exclusión social A1
A2
Deixarse afectar e transformar polo outro, desenvolvendo unha perspectiva empática e un compromiso ético coa función emancipadora da Educación Social A2
A20
Asumir o sentido da responsabilidade e implicación coa calidade da actuación, enmarcada nos principios deontolóxicos da profesión A14
A20
Espertar e desenvolver unha actitude autocrítica, de autorregulación da propia aprendizaxe, e de participación activa e responsable no proceso A14
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes