Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividades teóricas e prácticas presenciais: Clases directas e exercicios na aula co obxectivo de que o/a alumno/a adquira as competencias de Tipo A (relativas á comprensión dos contidos temáticos da asignatura), tendo en conta que deberán establecerse as ferramentas analíticas necesarias, en función das novas tecnoloxías da información e a comunicación; e ademáis, as habilidades axeitadas ás competencias Tipo B.
Traballos tutelados Actividades non presenciais: Traballo persoal co obxectivo do uso por parte do alumnado das competencias Tipo A (coñecementos) e as do Tipo B, mediante a realización de comentarios críticos, pequenos traballos de revisión/investigación e análises dos temas de educación de maior actualidade e situacións ou realidades sociais relativas á exclusión social en educación. De igual xeito, a participación en grupos de discusión e entrevistas con fins de recoller información, así como o uso das TIC.
Proba obxectiva O alumnado deberá preparar os temas acordados para a proba obxetiva que terá que realizar nas datas oficialmente establecidas
Recensión bilbiográfica O alumnado deberá presentar individualmente e por escrito unha recensión e análise de lecturas seleccionadas dos textos indicados polo profesor da asignatura. Poderán ser citados para revisar o contido destas recensións.
Análise de fontes documentais Utilízase para a análise duns detrerminados temas relativos á situación do noso país, e consistirá no uso de fontes documentais e estatísticas ó uso para o recoñecemento dos temas educativos, así como dos posibles modelos e aplicacións para a captura de información e diagnóstico do problema educativo, as diferencias según comunidades autónomas e as reformas educativas.
Discusión dirixida Trátase de agudizar o razoamento crítico nas materias de educación e o seu significado sociolóxico no proceso de cambio social existente na actualidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes