Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica O valor dunha síntese documentada é básico para o recoñecemento de problemas e seus posibles solucións na relación con toda a sociedade, ademáis de constituir unha boa reflexión persoalizada, finalidade á que debe levar esta metodoloxía. 5
Análise de fontes documentais O traballo de búsqueda das distintas realidades sociais no marco da socioloxía da educación é de suma importancia para un bo manello, adaptación e aplicación no feito sociolóxico educativo, adaptado e aplicado para este cometido. 5
Proba obxectiva O sistema e obxectivos de avaliación desta asignatura ten que ter en conta, tanto os coñecementos e habilidades, como a capacidade de resolver dilemas educativos diversos. Por elo, deberá valorarse mediante preguntas directas escritas dos temas do programa da asignatura.
Xunto coas sesións maxistrais, as lecturas recomendadas e a revisión bibliográfica, esta parte marca o contido teórico da asignatura, que supón o 40% do peso da mesma
25
Discusión dirixida Trátase de agudizar o razoamento crítico nesta materia e utilizar as categorías de análise plantexadas en cada sesión dedicada ós temas de discusión.
Esta parte de asignatura intentará medir ou avaliar a participación, implicación e interese do alumno. O que, xunto coa asistencia correspondente, vería a supoñer aproximadamente un 20% da avaliación final.
20
Sesión maxistral O sistema de avaliación desta asignatura ten como obxectivo valorar tanto os coñecementos e habilidades adquiridos durante o curso, así como o esforzo, a adicación e o traballo persoal continuado de cada estudiante.
5
Traballos tutelados Trátase de avaliar e considerar tanto os coñecementos e habilidades adquiridos durante o curso, como o esforzo, a adicación e o traballo persoal continuado de cada estudiante.


40
 
Observacións avaliación

En definitiva, estamos a falar dun 40% da avaliación da asignatura por medio do traballo desenvolto polo alumnado, outro 40% pola avaliación do seus coñecementos e/ou contidos teóricos e, aproximadamente, outro 20% en base a asistencia, participación, implicación e interese do alumnado.


Este sistema de avaliación se establece como fórmula para unha evaluación continua e presencial, que so pode darse nas convocatorias ordinarias da asignatura.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes