Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Practicum II
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Saídas de campo O titor/a da institución colaborará na avaliación, valorando a implicación e a actuación do alumnado. 40
Portafolios do alumno Os criterios avaliativos serán:
- Capacidade de relación teoría-práctica
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade para relacionar ideas e accións
- Capacidade de argumentar e fundamentar.
-Expresión escrita propia e claridade expositiva
-Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións.
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica
- Orixinalidade da proposta
40
Eventos científicos e/ou divulgativos Avaliarase cos criterios:
- Asistencia a todas as sesións
- Calidade das achegas á hora de expor contidos nas diferentes sesións así como a pertinencia e madureza das reflexións persoais ao respecto
10
Seminario Avaliándose cos criterios
-Asistencia a todas as sesións
-Calidade das achegas á hora de expor dúbidas, expor ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese, etc.
10
 
Observacións avaliación

Requisitos para superar a materia:




1. Para aprobar, será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: prácticas socioeducativas e portafolios.



Elementos de avaliación que se poden recuperar na 2ª oportunidade de avaliación (Xullo):

1. As prácticas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida en xuño mantense para xullo. Isto supón que un suspenso en xuño implica a non superación da materia.

2. Os seminarios e xornadas non se poden recuperar, polo que a nota en xuño mantense para xullo.

3. O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non o supere en xuño terá ocasión de melloralo en xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos avaliados.



Cualificacións:

1. A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada elemento avaliado, co seu peso respectivo.

2. No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, anota final será a nota de parte non superada.

3. Non realizar as prácticas socioeducativas estando matriculado na materia supón un NP.

4. Non presentar o portafolios tendo as prácticas superadas supón obter como máximo a cualificación de 4, que se corresonde con un 10 nas prácticas socioeducativas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes