Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Educación para a paz, resolución de conflitos e cidadanía
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Na presentación participarán todos os membros do grupo.

Cada presentación durará un máximo de 20 minutos e todas terán lugar nas clases interactivas durante o mes de Maio.

Valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade expositiva.
---------------------------------------------------
40
Traballos tutelados O traballo será en parella ou individual, e terá como prazo de entrega o día do exame final.

Para avaliar o traballo escrito teranse en conta os aspectos a seguir:

• Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva, e corrección gramatical (30%).

• Contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre, relacións entre eles (capacidade analítica e de síntese), creatividade e innovación nas propostas, calidade da participación na preparación desta actividade, e grao de fundamentación das fontes (referencias bibliográficas e bibliografía final) (70%).
60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario acadar, como mínimo, unha puntuación de 5 (de 10) e asistir a clase en polo menos un 80% do horario. Para que as dúas actividades de avaliación entren no cómputo final, será necesario obter polo menos un 4 en cada unha delas (presentación oral e traballo). 

Quen non cumpre cos mínimos de puntuación nestas dúas actividades de avaliación, pero que asiste a clase coa debida regularidade, terá que presentarse ao exame final de Xullo que lle valerá o equivalente da actividade non superada.

Quen non asiste a clase coa debida regularidade terá que presentarse a un exame final, que lle valerá o 100% da cualificación final. Excepcionalmente, a profesora poderá permitir que a/o estudante en cuestión participe dalgún modo nas outras actividades de avaliación. En tal caso, ponderará o valor do exame final en función do grao e da calidade de participación nas demais actividades da materia.

O exame consistirá nunha proba mixta na que se especificará o peso de cada pregunta. Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual, e a corrección gramatical. Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes