Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Traballo de Fin de Grado
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral SOLICITUDE DE DEFENSA:
Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFG, e unha vez obtido o informe favorable do director/a do mesmo, o alumnado terá que presentar, no prazo e lugar establecido polo centro, 3 exemplares en papel do seu TFG e un en formato dixital, así coma o impreso de solicitude de avaliación.
DEFENSA:
Unha vez que se faga púbica a convocatoria do tribunal, o alumnado debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario/a do mesmo.
Para a defensa deberá acudir cun documento identificativo (DNI ou Pasaporte), e o resto de documentos que se soliciten, se é o caso.
Para a exposición, que será pública, disporá dun tempo de 15 minutos e o tribunal disporá de 15 minutos para realizar as preguntas que estimen oportunas e debatir co alumno/a.
O alumnado poderá utilizar canto material sexa preciso para exposición.
Traballos tutelados O alumnado realizara o TFG baixo a supervisión e guía da súa dirección académica.
A dirección será responsable de expoñerlle ao estudantado as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento. Realizará un seguimento da elaboración do TFG e velará polo cumprimento dos obxectivos fixados. Unha vez finalizada a elaboración autorizar a presentación e defensa do TFG.

As modalidades do TFG que poderán realizar o alumnado son algunha das seguintes:

A. Traballos experimentais ou non experimentais de ámbito científico relacionados con calquera das temáticas propias da titulación de Grao.
B. Traballos de revisión e investigación bibliográfica centrados en algún dos diferentes campos da titulación de Grao.
C. Traballos de revisión, protocolos e obxectos de funcionamento vinculados a algún dos diferentes campos da titulación de Grao.
D. Traballos de intervención (aplicación práctica) relacionados coa titulación de Grao.
E. Traballos experimentais ou non, como resultado da experiencia en prácticas externas, en outras institucións relacionadas coa titulación de Grao.
F. Exposición e presentación de modelos de utilidade patentados ou non, deseñados polo alumno/a e con relación cos contidos da titulación de Grao.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes