Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Lingüística
   Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Proba mixta
Lecturas
Recensión bilbiográfica
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada será unha constante, nomeadamente nas sesións de grupo reducido, nas que priman o traballo colaborativo e a aplicación dos coñecementos adquiridos: o profesor fará un seguimento particular de cada alumno, e prestará especial atención á súa adicación, ao seu interese por aprender e ao seu compromiso coa tarefa e co grupo.
O profesor poderá atender puntualmente e de forma individualizada aos estudantes cando a actividade encomendada ou o seu desempeño o aconsellen.
Os estudantes poden acudir en horario de titorías e aulas ao profesor para tratar as cuestións que estimen pertinentes. Recoméndaselles, con todo, que de buscaren aclaracións aos contidos o fagan en grupo con outros compañeiros, xa que a resolución das dúbidas de uns pode ser de gran axuda para os demais.
Os estudantes, ademais, deberán solicitar atención individualizada do profesor cando precisen aclaracións ou guía ao desenvolveren certas tarefas: preparación de probas mixtas, elaboración de recensións bibliográficas e traballos tutelados...
No seu momento, comunicaranse os horarios de titoría dos profesores para o curso 2012-2013.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes