Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Lingüística
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Porcentaxe non real: lea as observacións. 2
Proba mixta Proba escrita que o estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o/s cuadrimestre/s. Haberá unha proba parcial liberatoria de materia no mes de novembro: quen a supere, non debérá examinarse destes contidos na proba escrita final. 60
Sesión maxistral Porcentaxe non real: lea as observacións 1
Recensión bilbiográfica O estudante realizará unha recensión dirixida sobre unha lectura proposta polo profesor. 10
Solución de problemas Porcentaxe non real: lea as observacións. 1
Traballos tutelados O estudante deberá realizar dúas actividades avaliables (ademais da recensión bibliográfica) durante o curso. 20
Análise de fontes documentais Porcentaxe non real: lea as observacións. 1
Aprendizaxe colaborativa Porcentaxe non real: lea as observacións. 1
Discusión dirixida Porcentaxe non real: lea as observacións. 2
Estudo de casos Porcentaxe non real: lea as observacións. 2
 
Observacións avaliación

Por esixencias do deseño da aplicación coa que se elabora esta guía docente, as porcentaxes ofrecidas arriba só son exactas para a proba mixta. Lea atentamente a información que segue.

1. A CUALIFICACIÓN FINAL responderá ao seguinte reparto porcentual: 1.1. Un 60% obterase pola PROBA MIXTA ESCRITA que os estudantes realizarán ao remataren a materia e nas datas, horas e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro. Teñen dúas oportunidades: unha primeira ao final do primeiro cuadrimestre, e unha segunda na primeira quincena de xullo. Moi importante!: os estudantes deberán obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba escrita para poder superar a materia. Ningún estudante obterá o 100% da súa cualificación final con esta proba: todos serán cualificados coa distribución porcentual aquí recollida. [No mes de novembro celebrarase unha proba mixta escrita parcial liberatoria de materia: quen a supere, non deberá examinarse deses contidos no exame de xaneiro.] 1.2. Un 30% obterase da realización de tres ACTIVIDADES (individuais ou grupais) ao longo do curso, que serán entregadas obrigadamente en formato electrónico e en papel. As actividades deben entregarse nas datas fixadas: de non ser así, computarán cun 0.00 na primeira oportunidade, e avaliaranse (de ser o caso) na segunda. [Poderán penalizarse na puntuación: entregar en branco parte das actividades que se deben facer fóra da aula, a presentación inadecuada e as faltas ortográficas.] 1.3. Un 10% responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso. Observaranse o aproveitamento e a evolución individual do alumno, mais tamén e moi especialmente a súa dinámica na aula, a súa forma de argumentar, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa e o traballo en grupo. 1.4. Os alumnos que repiten a materia ou que teñen unha dispensa académica oficial, recibirán un 60% da súa cualificación pola realización da PROBA MIXTA ESCRITA, e un 40% pola realización das tres ACTIVIDADES (individuais ou grupais) avaliables.

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO. 2.1. De suspender a materia en xaneiro por non acadar 4.00 puntos na proba mixta escrita, deberá facela de novo en xullo (2ª oportunidade). 2.2. De suspender a materia en xaneiro e non superar ou entregar algunha/s actividade/s, deberá realizar as actividades substitutivas que se lle encomenden para a 2ª oportunidade: consideraranse superadas só aquelas nas que acadara un 5.00. Os profesores farán público en xuño de 2013 qué actividade/s fará cada alumno e as instrucións pertinentes: o prazo de entrega remata coa celebración da proba mixta de xullo (2ª oportunidade.) 2.3. Aos estudantes que non superen a materia en xaneiro e teñan unha puntuación inferior a 5.00 puntos no apartado de asistencia e participación, cualificaráselles co seguinte reparto porcentual na 2ª oportunidade de xullo: (i) proba mixta escrita, 60%; (ii) actividades ou tarefas avaliables, 40%.

3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO. Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas que: (a) non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas e que, ademais, (b) entreguen menos de dúas actividades avaliables.

4. OUTRAS OBSERVACIÓNS. 4.1. O plaxio total ou parcial é inadmisible e contrario aos obxectivos perseguidos. Pode conlevar a perda de máis puntuación có valor da actividade afectada, e mesmo o suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra. Considérase moi grave a copia total ou parcial de traballos elaborados por outros alumnos. 4.2. A expresión oral e escrita do estudante debe ser correcta e axeitada ao seu nivel académico: de non selo, poderá reflectirse na puntuación recibida. 4.3. As datas oficiais previstas para o curso 2012-2013 deben ser consultadas nos lugares e/ou polos medios habituais habilitados polo centro. Esta información debe ser contrastada polo estudante xusto antes de cada período de exames, por se houber cambios.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes