Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Bases didácticas da intervención logopédica
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Para avaliar os traballos teranse en conta os seguintes aspectos:

ELABORACIÓN:
- Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre eles.

EXPOSICIÓN:
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
40
Proba mixta A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 60
 
Observacións avaliación

Opción A.

Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (asistencia mínima do 80%):

a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (40%).

b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (60%).

Opción B.

Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades
de clase (asistencia inferior ao 80%):

a)Elaboración e presentación individual dos traballos (40%).

b)Un exame escrito sobre os contidos da materia (60%).

 

Observacións:

- Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba mixta).

- O traballo tutelado entregarase e expoñerase na data que se indique. Para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o traballo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes