Investigación (Proxecto de investigación) |
Realización duha investigación sobre experiencias innovadoras para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e daquelas que fomenten a inclusión educativa de todo o alumnado na aula ordinaria, no centro e na sociedade |
30 |
INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO NON ASISTENTE Segundo a participación do alumnado na materia, para a avaliación hai dúas opcións: Opción A. Para o alumnado que segue o sistema ECTS, aquel que regularmente asiste/participa nas actividades de clase (80%). Neste caso o sistema de avaliación será o descrito anteriormente a través das actividades do portafolios, proxecto de investigación, solución de problemas e unha proba mixta. Opción B. Para o alumnado que non segue o sistema ECTS, aquel que non asiste/participa regularmente ás actividades de clase (< 80%). Neste caso o sistema de avaliación farase sobre: a) Realización dun proxecto de investigación (30%) b) Unha proposta de intervención dende unha perspectiva inclusiva (20%) c) Unha proba escrita sobre os contidos da materia, cun peso na avaliación do 50% e para a súa preparación empregarase a bibliografía presentada pola profesora. O alumnado non asistente terá que poñerse en contacto coa profesora ben en persoa ou a través de correo electrónico para a organización da materia
|