Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Lingua galega
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expositivo e a calidade expresiva. 40
Lecturas Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesorado. 15
Traballos tutelados Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 25
Obradoiro Realización de actividades prácticas e exercicios derivados das sesións maxistrais, 20
 
Observacións avaliación

Para superar
a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5
puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos
sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables/instrumentos de
avaliación.

O
alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade,
todo tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación.

O
alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e
exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en
contacto co profesor a través do correo electrónico.

Na segunda
oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e
coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.

A
cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a
non asistir ao exame (proba mixta) e/ou cando tiver entregado un número
inferior de actividades ao 50%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes