Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Practicum II
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado nos seminarios de titoría cos seguintes criterios:

-Asistencia ás titorías
- Grao de cumprimento sobre do plan de seguimento establecido, tendo en conta a pertinencia das súas intervencións, dúbidas, suxerencias, etc.
10
Portafolios do alumno Debería facer referencia a:
? Características da institución: descripción, características asistenciais, recursos, principios logopédicos, etc.

? Parte clínica: Análise do programa ou programas de intervención. Descripción das patoloxías e casos observados e/ou tratados, incluíndo cada unha das fases do proceso de intervención:
- Descripción do proceso de avaliación así como das técnicas e instrumentos empregados.
- Obxetivos terapéuticos.
- Técnicas de tratamento empregadas.
- Procedemento nas diferentes sesión.
- Conclusión e reflexión sobre dos resultados logrados.
80
Prácticas clínicas O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado na institución, facendo unha valoración das seguintes cuestións recollidas na Ficha de avaliación: asistencia e puntualidade, responsabilidade no traballo diario, responsabilidade e interese pola aprendizaxe, competencias profesionais 0
Eventos científicos e/ou divulgativos -Asistencia ás sesións.
- Síntese dos contidos dos distintos eventos
10
 
Observacións avaliación

PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN:


Para emitir a cualificación final desta materia, o profesor-titor da Facultade terá en conta os 4 elementos recollidos na avaliación: seminarios, portafolio, valoración das prácticas clínicas realizada polo titor da institución colaboradora e a asistencia ó evento científico desenvolto por profesionais expertos en diferentes ámbitos da práctica logopédica.


a) Requisitos para superar a materia:


Para aprobar a materia será necesario superar as prácticas clínicas e o portafolios.


b) Elementos da avaliación que se poden recuperar na segunda oportunidade de avaliación (xullo):


1.As prácticas clínicas non poden recuperarse, polo que un informe desfavorable nas mesmas, na oportunidade de xuño, implica a non superación da materia.


2. Os seminarios e os eventos científicos non se poden recuperar, polo que a cualificación obtida nos mesmos na oportunidade de xuño, mantéñense  para a oportunidade de xullo.


3 O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non o supere na oportunidade de xuño terá a ocasión de melloralo para a oportunidade de xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos da avaliación.


c) Cualificacións:


3.Non realizar as prácticas clínicas estando matriculado na materia supón un Non Presentado.


4. Non presentar o portafolios tendo as prácticas clínicas superadas supón obter a cualificación máxima de 4.


 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes