Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2009)
 Asignaturas
  Aspecto Éticos e Xurídicos na Investigación Biomédica
   Contidos
Temas Subtemas
CLASES TEÓRICAS
Tema 1. Ciencia, técnica, sociedade e ética. A Bioética. A liberdade de investigación. Concepto, alcance e límites.
Tema 2. Ética e profesións sanitarias. A deontoloxía profesional. Bioética e Deontoloxía. A responsabilidade: ética, deontolóxica, xurídica. ¿Hai unha ética específica para o investigador?
Tema 3. A relación asistencial. Modelos de relación. Do paternalismo á autonomía e os dereitos.
Tema 4. Bioética e dereitos humanos. Os dereitos dos pacientes ou usuarios. Os deberes dos pacientes ou usuarios.
Tema 5. A investigación biomédica. Fundamento. Conceptos básicos.
Tema 6. A ética da investigación biomédica. Panorama histórico. Perspectiva sistemática
Tema 7. O marco xurídico da investigación biomédica. Perspectiva histórica. Perspectiva sistemática.
Tema 8. Os procesos de toma de decisións. Información e documentación. O consentimento informado. A confidencialidade. Os comités éticos de investigación.
Tema 9. A investigación con seres humanos ou con material de orixe humana.
Tema 10. A experimentación con animais.
Tema 11. Algunhas cuestións especiais. O placebo. A investigación en grupos vulnerábeis. A investigación xenética. Problemas de xustiza en investigación.
CLASES PRÁCTICAS
1. A historia da ética da investigación biomédica
1.1. O Código de Nuremberg.
1.2. A Declaración de Helsinki.
1.3. O Informe Belmont.

2. A Lei de investigación biomédica

3. O caso Willowbrook

4. Investigación e grupos vulnerábeis

As clases prácticas teñen como obxectivo estimular a reflexión e afacerse ao manexo dos principios, valores e dereitos presentes na investigación biomédica.
Diríxense principalmente ao desenvolvemento das habilidades argumentativas e á posta en funcionamento dos coñecementos adquiridos nas sesións teóricas e na aprendizaxe individual e colectiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes