Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación, Ordenación e Avaliación de Servizos Sociosanitarios
 Asignaturas
  Fundamentos de investigación cualitativa en Ciencias Sociosanitarias
   Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Demostrar a capacidade de concebir e deseñar con rigor un proceso de investigación no ámbito sociosanitario.
A2 Ser capaz de escoller e aplicar a metodoloxía de investigación máis adecuada, cualitativa ou cuantitativa, en función da pregunta de investigación plantexada.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B8 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B19 Coñecementos de informática relativos ó ambiente de estudo.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes