Guia docenteCurso
Facultad de Enfermería y Podología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Terapéutica farmacolóxica
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario Avaliarase en función da asistencia e a participación do alumno nas actividades a realizar nos seminarios. 10
Presentación oral A avaliación da presentación oral do traballo tutelado realizarase tendo en conta os seguintes puntos: presentación do caso, información sobre a farmacoterapia do caso e respostas ás preguntas formuladas. Tamén se avaliará a asistencia e participación nas presentacións do resto dos alumnos. 10
Proba de resposta múltiple O alumno deberá realizar unha proba de 50 preguntas tipo test con resposta múltiple, unha correcta de entre 5 posibles. Non puntúa negativo. O aprobado (5) estará no 70% das respostas correctas, é dicir, o número de respostas correctas para aprobar é de 35. É necesario obter un aprobado no exame para poder aprobar a materia. 60
Traballos tutelados Na cualificación do traballo considerarase a elección do caso exposto, a anamnese farmacolóxica, o tratamento farmacolóxico seleccionado, o coñecemento dos grupos farmacolóxicos empregados (mecanismo de acción, interaccións e reaccións adversas), o rigor científico, a capacidade de síntese e de crítica e a adecuación da bibliografía consultada. 20
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións
expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no
art.º 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE
18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o
sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter
oficial e validez en todo o territorio nacional

Sistema de cualificacións:
0-4.9=Suspenso
5-6.9=Aprobado
7-8.9=Notable
9-10=Sobresaliente
9-10 Matrícula de Honra (Graciable)

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes