Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Enxeñeiro Técnico Industrial-Especialidade en Electrónica Industrial
 Asignaturas
  Proxecto fin de Carreira
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral A defensa do PFC será realizada polo alumno oralmente e perante un tribunal constituido para o efecto, durante un tempo máximo de 20 minutos.

A exposición será un acto público e o alumno contestará a cantas preguntas e aclaracións estimaren convenientes o membros presentes do tribunal.

O tribunal estará constituido da seguinte forma:

Presidente, secretario e un vogal elixidos entre o profesorado da titulación afin ao tema que for obxecto do PFC.
20
Traballos tutelados Ao mesmo tempo que o alumno entrega o PFC, o titor ha de entregar o informe de avaliación que debe incluir unha cualificación, no que se valora a dedicación do alumno, o contido técnico, a realización e orixinalidade do proxecto, así como a edición e presentación da documentación, esta valoración suporá un 40% da cualificación final.

O tribunal cualificará a edición e presentación da memoria, o traballo realizado, a orixinalidade, o contido técnico e/ou tecnolóxico, a realización e/ou materialización do PFC, a aplicación tecnolóxica etc. representando este apartado un 40% da cualificación final.
80
 
Observacións avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes