Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Estatística
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC Cuestionario que avaliará o coñecemento do programa estatístico empregado nas prácticas (R/R Commander) 30
Proba de resposta múltiple Exame de tipo test (10 preguntas) 20
Proba obxectiva Exame final de tipo test (20 preguntas) 50
 
Observacións avaliación

A proba obxectiva (exame final) abarcará os contidos de tódolos temas (temas 1 a 7).
A proba de resposta múltiple realizarase ó longo do curso unha vez impartido o tema 4, e abarcará os contidos dos temas 1 a 4, ámbolos dous inclusive.
Para superar a asignatura na avaliación de maio é necesario acadar una cualificación total mínima de 5, sendo en todo caso necesaria a presentación á proba obxectiva. Quen non se presente á proba obxectiva será cualificado como 'non presentado'. Na avaliación de xullo se fará unha proba obxectiva similar á da avaliación de maio, que contribuirá á cualificación cunha ponderación do 70%. Non se fará proba de resposta múltiple nin se gardará a nota obtida na avaliación de maio nesa proba. O 30% restante consistirá na cualificación obtida na avaliación de maio nas prácticas a través de TIC, que poderá complementarse mediante a presentación opcional dun traballo. O traballo consistirá nunha análise co software empregado nas prácticas (R/R Commander) dun caso práctico proposto polo estudante e relacionado coa Enxeñaría. O traballo deberá ser entregado antes da realización da proba obxectiva. Na avaliación do traballo o profesor poderá pedir ó estudante explicacións e facerlle preguntas sobre o traballo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes