Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Fundamentos de Electrónica
   Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Capacidade para a redacción, firma, desenvolvemento e dirección de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, e en concreto da especialidade de electrónica industrial.
A3 Capacidade para realizar medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos e informes.
A15 Coñecer e utilizar os principios da teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
A16 Coñecer os fundamentos da electrónica.
A24 Coñecemento aplicado de electrotecnia.
A25 Coñecer os fundamentos e aplicacións da electrónica analóxica.
A26 Coñecer os fundamentos e aplicacións da electrónica dixital e microprocesadores.
A27 Coñecemento aplicado de electrónica de potencia.
A28 Coñecemento aplicado de instrumentación electrónica.
A29 Capacidade para deseñar sistemas electrónicos analóxicos, dixitais e de potencia.
A30 Coñecer e ser capaz de modelar e simular sistemas.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B3 Capacidade de traballar nun contorno multilingüe e multidisciplinar.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes