Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  

Organos da Facultade



EQUIPA DECANAL

 

XUNTA DE FACULTADE.

É o órgano de goberno da Facultade. Está composto nun 63% por PDI, un 28% por estudantes e un 9% por PAS. A súa composición actual pode ser consultada na páxina web do Centro www.economicas.udc.es.

As principais funcións da Xunta de Centro son:

Comisións Delegadas.

As comisións delegadas actúan baixo o mandato da Xunta de Centro para determinados asuntos. Podes consultar a súa composición e funcións na páxina web do Centro.

Na actualidade temos as seguintes comisións en funcionamento:

1. Comisión Permanente.

Resolve certos asuntos de trámite delegados pola Xunta de Centro.

2. Comisión Académico-Docente.

É a encargada dos asuntos relacionados coa docencia, en particular, resolve as validacións de materias e créditos de libre configuración.

3. Comisión de Biblioteca.

Trata asuntos relacionados co funcionamento da Biblioteca.

4. Comisión Económica e de Infraestruturas e Servizos.

Aproba a memoria económica anual e establece os criterios de utilización de espazos e materiais do Centro.

5. Comisión de Normalización Lingüística.

Encargada de dinamizar o uso do galego no Centro.

6. Comisión de Extensión Univeristaria e Relacións Externas.

Trata temas relacionados cos estudantes (prácticas en empresas, programas de intercambio, etc).

7. Comisión de Calidade.

Establece e controla os criterios de calidade das titulacións impartidas no Centro. Asemade tamén actúa como Comisión do Posgrao de Economía e Empresa, coa incorporación dos coordinadores dos máster e o doutoramento.

DEPARTAMENTOS

Os departamentos son os órganos onde se agrupan os profesores en función das súas áreas de coñecemento. Son os

encargados de asignar as materias ao profesorado, elaborar o POD (plano de organización docente) e tamén son os responsábeis dos contidos impartidos e a súa adaptación aos descritores do plano de estudos da titulación.

Na Facultade teñen a súa sede 4 departamentos:

 

1. Departamento de Análise Económica e Administración de Empresas.

Directora: Dna. Isabel Novo Cortí

Secretaria: Dna. Elena Sánchez de Paz

www.daeae.es

Está situado no segundo andar e o integran as seguintes áreas de coñecemento:

• Fundamentos da Análise Económica.

• Comercialización e Investigación de Mercados.

• Organización de Empresas.

 

2. Departamento de Economía Aplicada I.

Director: D. Julio G. Sequeiros Tizón

Secretaria: Dna. María Cruz Suárez Mallo

www.udc.es/dep/ecoapli1

Está situado no terceiro andar e o integran as seguintes áreas de coñecemento:

• Economía Aplicada

• Historia e Institucións Económicas

 

3. Departamento de Economía Aplicada II.

Director: D. José Ramón Cancelo de la Torre

Secretaria: Dna. María Ramil Díaz

http://dea2.udc.es

Está situado no terceiro andar e o integran as seguintes áreas de coñecemento:

• Economía Aplicada.

• Métodos Cuantitativos para a Economía e a Empresa.

 

4. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade.

Director: D. Fernando Ruíz Lamas

Secretaria: Dna. Isabel Novoa Arechaga

Está situado no primeiro andar e o integra a área de coñecemento de Economía Financeira e Contabilidade.

 

5. Outros Departamentos.

Na entreplanta están os despachos dos profesores que non pertencen a departamentos con sede no Centro: Dereito,

Filoloxía Inglesa, Socioloxía e Computación.

 

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes