Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  
Diplomado en Ciencias Empresariais
 Saídas profesionais

 

 
O Plano foi deseñado para formar profesionais en técnicas de xestión, comercialización, finanzas e contabilidade. Inclúense os coñecementos necesarios en organización de empresas, economía, dereito empresarial, fiscalidade e informática, para o desenvolvemento da actividade empresarial.
Distribuido en tres cursos académicos, a superación dos mesmos permite obter o título de Diplomado en Ciencias Empresariais, que da acceso a estudos de 2º ciclo pero que, polo seu carácter de titulación final, permite a plena incorporación o mundo laboral: 
- postos de traballo no sector privado (áreas:  administrativa, financieira, marketing, contable, banca, auditoría externa e interna, etc.)
- sector público: todo tipo de oposicións oficiais dirixidas ós diplomados universitarios.
- exercicio libre da profesión nos asuntos de asesoría empresarial e fiscal.

As ensinanzas conducentes á obtención do título oficial de Diplomado en Ciencias Empresariais deberán proporcionar unha formación axeitada en xestión e o funcionamento da empresa, incluídos os seus aspectos contables.
SAÍDAS PROFESIONAIS
SECTORES: Calquera tipo de empresa privada e centros docentes. Administración pública. Profesión libre.
FUNCIÓNS: Empresa privada: contabilidade, administración, xestión comercial, marketing, tributación e departamento financeiro. Docencia. Ditames sobre materias económicas, administrativas ou contables das empresas, para a súa utilización pola Administración de Xustiza. Interventor nas suspensións de pagos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes