Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Políticas Públicas (Plan 2009)
 Asignaturas
  Novos instrumentos da xestión pública
   Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 Analizar e contribuír á definición dos problemas aos que as administracións públicas territoriais (e outras…) tratan de responder coas súas propias políticas.
A3 Recopilar, elaborar e interpretar informacións relevantes, cualitativas e cuantitativas para a toma de decisións.
A4 Identificar os instrumentos adecuados para lograr os resultados desexados e imaxinar os posibles escenarios.
A5 Identificar os actores e os intereses que poidan estar implicados no proceso de decisión, propoñendo os instrumentos capaces de afrontar e resolver posibles conflictos.
A6 Deseñar os procesos para a toma de decisións coa finalidade de favorecer a rápida adopción das políticas e a súa eficaz posta en funcionamento.
A7 Orientar ás institucións públicas implicadas no desenvolvemento das relacións interinstitucionais e co sector privado.
A8 Suxerir instrumentos de seguimento e control para observar os resultados.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B3 Resolución de problemas.
B4 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B5 Capacidade para adaptarse a novas situacións.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes