Defensa pública
A defensa da Máster-Tese será realizada polo alumnado en sesión pública, por medio da exposición oral do seu contido ou das liñas principais do mesmo, durante o tempo máximo de 20 minutos.
A continuación, o alumnado contestará as preguntas e as aclaracións que formulen os membros da Comisión Avaliadora.
A Comisión Avaliadora deliberará sobre a cualificación a porta pechada, e dará audiencia ao titor da Máster-Tese antes de outorgar unha cualificación de suspenso.
Para a avaliación da Máster-Tese o tribunal valorará:
No caso de Máster-Tese con orientación profesional: a existencia dun produto/resultado, aplicabilidade e funcionalidade e calquera outra característica que permita establecer as capacidades do alumno no ámbito profesional relacionado coa temática do Máster.
No caso de Máster-Tese con orientación académica: a calidade científica do traballo, valorada tanto polos resultados alcanzados, difusión e/ou as posibilidades de continuidade do traballo.
En ambos casos se valorará tamén a presentación pública da Máster-Tese e a calidade formal do documento presentado.
A cualificación outorgarase nunha escala numérica de 0 a 10.