Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
Inicio | galego | A A |
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Asignaturas
Contabilidade Financeira II
Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 30
Proba de resposta múltiple Durante o curso realizarase unha proba tipo test. O alumno que, por calquera razón, non realice a proba terá a cualificación de cero na mesma. 10
Discusión dirixida Valórase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ó dos seus compañeiros. 20
Obradoiro Valorarase, a través de pequenas probas escritas individuais realizadas na aula, a aprendizaxe fora da aula baseada na resolución dos exercicios e casos prácticos propostos polo profesor. 40

Observacións avaliación

A metodoloxía proposta persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ó alumno para que traballe de xeito continuado ó longo do curso e ii) fomentar a autonomía do alumno no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ó alumno pídeselle que:

a) Prepare, individualmente ou en grupo, as cuestións indicadas polo profesor para á súa discusión na aula.

b) Semanalmente realice os exercicios e casos prácticos propostos polo profesor. Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posible solucións. Ó inicio dunha das dúas sesións de cada semana o profesor presentará ós alumnos un pequeno exercicio, similar ós propostos para realizar fora da aula, que cada alumno deberá resolver de xeito individual no tempo marcado polo profesor. Estes exercicios recolleranse e de todos eles o profesor valorará catro, elixidos aleatoriamente ó rematar o cuadrimestre.

En canto ó exame final e á cualificación na acta, lémbranse os seguintes acordos da Comisión Permanente da Facultade de Economía e Empresa do 6 de xullo de 2011:

Cualificación de non presentado. Corresponde ó alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Condicións de realización do exame final. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

Avaliación da oportunidade de xullo. Esta debe realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación do primeiro ou do segundo cuadrimestre.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes