Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Teoría do Investimento
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Pretende medir a calidade xeral da aprendizaxe e as habilidades desenvolvidas polo alumno, o grao de interiorización e asunción, e a capacidade para aplicalas á solución de problemas. 70
Estudo de casos Valorarase o progreso das competencias e habilidades do alumnado observado a través da súa participación nas actividades prácticas programadas nas aulas. 20
Prácticas a través de TIC As TIC teñen nesta materia un papel instrumental. En consecuencia, aínda que non se valorará directamente a seu dominio, nalgúns casos prácticos avaliados poderían utilizarse ferramentas informáticas. 10
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación sinalados son aplicables con total uniformidade nas "oportunidades" de Xuño e Xullo.


O conxunto das actividades prácticas pondera un 30% na avaliación, sendo meramente estimativo o reparto asignado ás realizadas a través de TIC ou sen elas (10% e 20%). Pola súa mesma natureza, as tarefas inseridas nas actividades de aula só poderán ser valoradas cando sexan realizadas de acordo coa súa programación, no momento previsto no grupo correspondente.


De acordo coa normativa aplicable, os exámes deberán realizarse nas datas oficias establecidas, agás nos casos excepcionais expresamente previstos. Asimesmo, a cualificación de "non presentado" outorgarase nos termos previstos na normativa académica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes