Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
 Asignaturas
  A dixitalización da Informacion
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun conxunto relevante de materiais dixitais multimedia que deberán ser entregados na data que se fixe o primeiro día de clase. 45
Prácticas a través de TIC Avaliarase o progreso e aproveitamento de cada alumno/a nas aulas prácticas. 5
Sesión maxistral Avaliarase a asistencia, participación e a actitude de cada alumno/a nas aulas teóricas. 5
Proba mixta Para superar a materia, será obrigatoiro obter o aprobado nesta proba. 45
 
Observacións avaliación

Ademais da asistencia e participación activa nas clases e a habilidade demostrada no manexo de ferramentas informáticas nas clases de laboratorio, valorarase o traballo e o exame de contidos finais. Para superar a materia será necesario acadar o 50% da puntuación máxima tanto do exame (proba mixta) como do traballo (traballos tutelados). De non acadar esta puntuación mínima nalgunha das probas, a cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0.

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar o traballo tutelado e realizar a proba mixta nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que o/a profesor/a comunicará ao alumnado publicándoos na web da materia a principio de curso. Para este alumnado, cada unha destas probas suporá o 50% da cualificación final, en vez do 45%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes