Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
 Asignaturas
  E-learning: O Ensino da Aprendizaxe en Internet
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Foro virtual O foro será o espazo de intercambio e reflexión principal nesta materia. Dado que as sesións presenciais serán grupais, esta ferramenta nos permitirá poder profundizar e cuestionar aqueles aspectos que traballemos na asignatura.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe que faremos en grupo, tanto virtual como presencial, tentará ser colaborativa, compartindo reflexións tanto con medios virtuais como oralmente nas sesións presenciais.
Análise de fontes documentais Na asignatura haberá diferentes referencias (vídeos, textos, presentacións) para traballar de forma individual nas que se pedirá a reflexión a través dos foros e na clase.
Debate virtual Haberá dúas sesións de debate virtual mediante as TICs na asignatura. A comprensión do medio e participación activa na mesma será parte do traballo da asignatura.
Prácticas a través de TIC Faremos varias sesións de traballo na aula con formato moi práctico, de taller.
Sesión maxistral Aínda que non pretende ser a metodoloxía dominante, haberá ao principio da sesión unha reflexión e presentación da materia por parte da profesora.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes