Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais |
Asignaturas |
Técnicas de Organización e Redacción de Textos Orais e Escritos-Galego |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Técnicas de Organización e Redacción de Textos Orais e Escritos-Galego | Código | 613445018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Realizarase unha proba inicial para comprobar o nivel de lingua e de dominio da redacción consistente na corrección e mellora de dous textos e na elaboración dun texto novo do ámbito administrativo. |
Lecturas | Entregarase o primeiro día de aulas un dossier con lecturas obrigatorias sobre diferentes aspectos do programa que servirán de complemento aos contidos teóricos expostos nas aulas presenciais. |
Recensión bilbiográfica | Entre as lecturas obrigatorias incluídas no dossier cada alumno ou alumna deberá realizar, de acordo co profesor/a, a recensión por escrito de unha delas e a correspondente exposición oral. |
Sesión maxistral | En cada sesión haberá unha presentación inicial de contidos teóricos que desenvolvan o programa do curso, seguida de actividades prácticas e discusións dirixidas. |
Traballos tutelados | Realizaranse dous traballos relacionados con algunha das seccións dos temas do programa que seleccionará o alumnado: un de modo individual e outro en grupo. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor ou coa profesora para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula. |
Discusión dirixida | Após á exposición teórica de contidos, e á parte da posibilidade de o alumnado realizar en calquera momento as preguntas que estimar convenientes, someteranse a debate regularmente algúns aspectos do programa elixidos polo/a profesor/a, quen tamén irá sinalando o alumno ou alumna que deberá iniciar o debate. Trátase tamén de practicar o discurso oral e de mellorar a súa técnica. |
|