Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
 Asignaturas
  Técnicas de Organización e Redacción de Textos Orais e Escritos-Galego
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Tamén neste caso se puntuará ao 50% o traballo escrito e a exposición oral, tendo moi en conta en ambos os casos o criterio da corrección lingüística e das técnicas de organización e redacción utilizadas, xuntamente co contido. 40
Lecturas Cada alumno ou alumna deberá pasar unha proba de comprobación de lecturas que consistirá no resumo e comentario dunha delas, excluída aquela de que realizar a recensión escrita. Poderá facelo oralmente ou por escrito, segundo preferir. 30
Recensión bilbiográfica Neste caso puntuarase ao 50% a recensión escrita e a exposición oral, tendo moi en conta en ambos os casos o criterio da corrección lingüística e das técnicas de organización e redacción utilizadas. 10
Discusión dirixida Valorarase tanto a participación de cada alumno ou alumna nas discusións dirixidas que o profesor/a lle encargar de inicio como aqueloutras intervencións que espontánea e voluntariamente fixer en todas as demais discusións. 20
 
Observacións avaliación
No conxunto da avaliación vai ser tida moi en conta a asistencia e participación activa nas aulas, así como a técnica demostrada na elaboración de textos orais e escritos, onde se inclúe necesariamente a corrección e a calidade lingüística.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes