Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais |
Asignaturas |
Terminoloxía/lingua para Usos Específicos-Galego |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Terminoloxía/lingua para Usos Específicos-Galego | Código | 613445020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Obradoiro | Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, comentarios de textos, prácticas a través de TIC etc. |
Solución de problemas | O alumnado terá que solucionar, noemadamente de modo individual, diversos tipos de problemas-suposto relacionados co contido e obxectivos da materia. Tamén se contemplan estudos de casos e outras probas de tipoloxía variada. Esta metodoloxía está enfocada como complemento ao "Obradoiro". |
Traballos tutelados | Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo/s profesor/es, escolleito entre un abano temático presentado no inicio do curso, que consistirá na elaboración e deseño dun vocabulario especializado. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. |
Presentación oral | Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado". |
Lecturas | Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesorado. |
Recensión bilbiográfica | Cada estudante deberá entregar a(s) recensión(s) bibliográfica(s) que o profesorado indicar ao longo do curso. |
|