Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
 Asignaturas
  Terminoloxía/lingua para Usos Específicos-Galego
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Nos obradoiros valorarase a realización das prácticas derivadas das sesións maxistrais, a participación e o traballo en grupo. Tamén se porá en valor a capacidade dialéctica do alumnado, o seu grao de coñecemento dos contidos que expoñen ou que se debaten, así como as súas capacidades crítica e de síntese. 15
Solución de problemas Valorarase a realización das diferentes actividades propostas, nomeadamente de carácter individual, a participación e a reflexión crítica. 10
Traballos tutelados Será valorada fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva, así como unha impecábel a calidade lingüística e expresiva. 35
Presentación oral As presentacións orais terán como puntos fortes a fluidez discursiva, o emprego dunha lingua de calidade e a clareza e estratexias expostivas. 10
Lecturas Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. Valorarase a comprensión e síntese dos diferentes textos propostos. 10
Recensión bilbiográfica Nas actividades agrupadas nas recensións bibliográficas terase en conta a capacidade de síntese, o rigor e a clareza expostiva, o uso dunha lingua de calidade e a capacidade crítica do alumno ou da alumna. 20
 
Observacións avaliación
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

O alumnado terá que entregar os traballos
ou actividades no prazo fixado; non se recollerán máis tarde sen causa
xustificada. Alén disto, estes deberán cumprir unha impecábel calidade lingüística e de
corrección (acentuación, ortografía, puntuación, concordancia
sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal, boa expresión…).


Se non superar a materia, na oportunidade de xullo o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas
mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. No caso de suspender as actividades de carácter presencial realizadas durante o curso ("Obradoiros" e "Solución de problemas", "Lecturas), estas serán substituídas por un exame que se realizará no día oficial fixado polo Decanato da Facultade de Filoloxía, que valerá o 35% (tal e como corresponde á suma das ditas metodoloxías).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes